Saltar ao contido

Macromedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macromedia
 Instancia de
 Forma xurídica
Persoas e organizacións
 Fundador/a
 Director/a executivo/a
 Ten en propiendade
Actividade
 Industria
 Produto
Datas e cronoloxía
 Fundación
25 de febreiro de 1992 Editar o valor en Wikidata
 Disolución
3 de decembro de 2005 Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Macromedia foi unha empresa de software de gráficos e desenvolvemento web con centrais en San Francisco, California. Macromedia foi formada en 1992 pola fusión de Authorware, Inc. (creadores de Authorware) e MacroMind-Paracomp (creadores de Macromind Director). As súas centrais están en San Francisco, California. Macromedia continuou seguindo o rastro de M&A e en decembro de 1999 adquiría a compañía de software de análise de tráfico Andromedia. A compañía de desenvolvemento Web Allaire foi adquirida en 2001, e Macromedia engadiu varios produtos populares de servidor e desenvolvemento Web á súa lista.

En 2003, Macromedia adquiriu a compañía de conferencia por web Presedia e continuou desenvolvendo o seu produto de colaboración e presentación on-line baseado en Flash, ofrecido baixo o nome de Breeze. Despois, nese mesmo ano, Macromedia tamén adquiriu a compañía de software de axuda de autoría eHelp Corporation Arquivado 11 de xullo de 2004 en Wayback Machine., cuxos produtos incluían RoboHelp, RoboDemo (Agora Captivate), e RoboInfo.

O 18 de abril de 2005, Adobe Systems Inc. anunciou un acordo para adquirir Macromedia nunha transacción valorada en, aproximadamente, 3400 millóns de dólares.[1][2] O 5 de decembro de 2005, Adobe Systems completa a adquisición de Macromedia.

Para o futuro dos produtos de Macromedia, mire en Adobe para máis información sobre as novas estruturas de Adobe/Macromedia.