Músculo adutor do polgar
Aparencia
| Músculo adutor do polgar | |||
|---|---|---|---|
| m. adductor pollicis | |||
|
Instancia de
| |||
|
Subclase de
| |||
|
Parte de
| |||
|
Inervado por
| |||
|
Músculo antagonista
| |||
|
Acción muscular
| |||
|
Inserción do músculo
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
|
Descrito pola fonte
| |||
| Wikidata C:Commons | |||
O músculo adutor do polgar é un músculo do membro superior humano, pertencente á man. É un músculo de tamaño grande, triangular, que cruza a palma da man, situado por diante dos músculos interóseos dorsais da man e dos palmares. Na súa orixe, posúe dúas porcións:
- Unha transversa, que se insire na zona anterior do corpo do terceiro metacarpiano.
- Unha oblicua, procedente do óso grande e das bases do segundo e terceiro metacarpiano.
As dúas porcións converxen ata fusionarse e constituír un tendón, que adoita ter no interior un óso sesamoide. Insírese na superficie medial da base da falanxe proximal do polgar e na vaíña extensora.
A arteria radial discorre entre as dúas porcións no seu traxecto cara ao plano fondo da man e formar o arco palmar fondo.
Funcións
[editar | editar a fonte]Aduce e opón o polgar.
Innervación
[editar | editar a fonte]É innervado pola póla fonda do nervio cubital
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomía para estudiantes. (en castelán)