Cosroes I
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 501 Ardestan (Imperio Sasánida) |
| Morte | 579 Ctesifonte (Imperio Sasánida) |
| Rei do Imperio Sasánida | |
| 13 de setembro de 531 – 31 de xaneiro de 579 ← Kavadh I (pt) | |
| Comandante en xefe | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Zoroastrismo |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca, líder militar |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Exército sassânida (pt) |
| Outro | |
| Título | Rei de reis |
| Familia | Sassânidas (pt) |
| Fillos | Hormisda IV da Pérsia, Anasozado |
| Pais | Kavadh I |
| Descrito pola fonte | Enciclopedia Soviética Armenia The Nuttall Encyclopædia >>>:Chosroës I. Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Cosroes I ou Khosrau I (en persa: انوشروان [Anushiravān]; 501 - 579) foi un dos reis máis importantes da dinastía sasánida do Segundo Imperio Persa. Foi o artífice da expansión do imperio ata o río Indo e o mar Vermello, e enfrontouse ao Imperio Bizantino polo dominio do Oriente Medio. Os seus ataques foron tan contundentes que o emperador bizantino Xustiniano tivo que comprar a paz pagando un tributo de 11.000 pezas de ouro. Reorganizou a administración do imperio, que dividiu en catro distritos.[1] Foi un rei tolerante e acolleu aos últimos filósofos pagáns de Atenas cando o emperador pechou a Academia de Atenas.[1] Reinou durante case medio século, dende o 531 ata o 579,[1] cando Hormizd IV o sucedeu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Asimov, Isaac (1980). El Cercano Oriente (en castelán). Alianza. ISBN 9789686001099.